6 pontos básicos
1) Cese inmediato de axudas encubertas ás touradas por parte de todas as institucións, nomeadamente da Deputación de Pontevedra, principal financiador público.
2) Instar á Xunta a aprobar unha Lei de Protección Animal que proíba as touradas e espectáculos onde se torture ou mate animais.
3) Declaración por parte do Concello de Pontevedra como “Cidade Antitouradas” e amiga dos animais.
4) Supresión das touradas como reclamo turístico por parte das Institucións públicas, así como dos programas de festas.
5) Erradicación do uso de espazos públicos para a promoción das touradas.
6) Reconversión da Praza de Touros nun Coliseu para espectáculos culturais e concertos.
Algunhas das nosas razóns
A Coordenadora Antitouradas de Pontevedra é unha plataforma aberta que persegue a erradicación das touradas na nosa cidade
- Denunciamos o trato cruel e inhumano que os touros receben no transcurso desta mal chamada festa, na cal o touro é desgarrado, mutilado e torturado até morrer, así como o maltrato animal en xeral.
- Advertimos das touradas como coartada para a construción da identidade española na Galiza. Constitúe un ritual en torno ao cal conflúen os sectores mais reaccionarios da sociedade.
- Consideramos obscena a utilización de fondos públicos para a financiación das touradas (42 euros em impostos por habitante, segundo Libera) , a pesarde que as enquisas (Gallup 07) amosan que un 86% da poboación galega se declara indiferente perante este atavismo.
- Finalmente, as touradas teñen unha forte compoñente machista, ao exaltar a figura masculina nunha loita contra un animal “mitificado” da que sempre sae vitorioso.
EM NORMAL AGAL
6 pontos vindicativos básicos
1) Cese inmediato de ajudas encubertas às touradas por parte de todas as instituiçons, nomeadamente da Deputaçom de Ponte Vedra, principal financiador público.
2) Instar à Junta a aprobar unha Lei de Protecçom Animal que proíba as touradas e espectáculos onde se torture ou mate animais.
3) Declaraçom por parte do Concelho de Ponte Vedra como “Cidade Antitouradas” e amiga dos animais.
4) Supressom das touradas como reclamo turístico por parte das Instituiçons Públicas, assi como dos programas de festas.
5) Erradicaçom do uso de espaços públicos para a promoçom das touradas.
6) Reconversom da Praça de Touros num Coliseu para espectáculos culturais e concertos.
Algumhas das nossas raçons
- Denunciamos o trato cruel e inhumano que os touros recebem no transcurso de esta mal chamada festa, na qual o touro é desgarrado, mutilado e torturado até morrer, assi como o maltrato animal em geral.
- Advertimos das touradas como coartada para a construçom da identidade espanhola na Galiza. Constitui um ritual em torno do qual confluem os sectores mas reaccionários da sociedade.
- Consideramos obscena a utilizaçom de fundos públicos para o financiamento das touradas (42 euros em impostos por habitante, segundo Libera) , a pesar de que os inquéritos (Gallup 07) mostram que um 86% da população galega se declara indiferente perante este atavismo.
- Finalmente, as touradas têm uma forte componente machista, ao exaltar a figura masculina numa luta contra um animal “mitificado” da que sempre sai vitorioso.













Xa era hora que alguien fixese algo para evitar esta barbarie. Un saudo e adiante.
Non as touradas e o sacrificio dos animais sen necesidade. Si a “FESTA DO VIÑO” pola zona monumental!!
Que gran razon tedes en todo, da gusto atopar un grupo que pensa igual ca min, contade con todo o meu apoino no que sexa, un saudo e gracias por poñer un pouco de esperanza na luita contra a barbarie
Esquecinme de dicilo, vou poñer este manifesto (coa firma de ponte vedra antitaurina) no meu espazo, se por calquera cousa non queredes que estea ahi, dicideo e o retirarei enseguida
como lle poden facer eso a un pobre animal que non ten dereito a defenderse.non e xusto que o teñan agonizando 20 minutos e afogandose na sua propia sangue e o peor que lle poden facer a un animal
stop as touradas e o maltrato animal
teño pensado colgar un artigo da barbarie dos touros nos vindeiros dias no meu blogue, facendo mención á plataforma anti-taurina de Pontevedra.
un saúdo e adiante !!
Concordo totalmente con que son un espectaculo noxento e as tradizons basadas n’o abuso non merecen conservarse. Mais por outra banda, foi e e un intento de impor a cultura espagnola sober a Galega.
Saudos e adiante,
Afonso Feixoo, Sudan
ai q acabar con esta tortura xa!!
As corridas de touros son unha auténtica labazada ao sentido común, maltratar de tal maneira a un animal e pasalo ben có seu sofrimento é unha auténtica barbaridade, que remate xa isto, non é arte, é maltrato sen máis, que non se escuden en que tamén nós matamo-las terneiras ou os porcos para comer, non é o mesmo, ese argumento non se ten en pé.
Por certo, neste blog de Pontevedra puxeron un artigo sobre os touros e hai un interesante debate, se tedes curiosidade déixovo-lo link aqui
http://apontevella.com/archives/483
un saúdo