A Coordenadora Antitouradas de Pontevedra convoca unha manifestación anti-touradas no Sábado 1 de Agosto ás 19h con saída e fin na praza da Peregrina da cidade, e percorrido polas rúas da cidade.

6 pontos básicos
1) Cese inmediato de axudas encubertas ás touradas por parte de todas as institucións, nomeadamente da Deputación de Pontevedra, principal financiador público.
2) Instar á Xunta a aprobar unha Lei de Protección Animal que proíba as touradas e espectáculos onde se torture ou mate animais.
3) Declaración por parte do Concello de Pontevedra como “Cidade Antitouradas” e amiga dos animais.
4) Supresión das touradas como reclamo turístico por parte das Institucións públicas, así como dos programas de festas.
5) Erradicación do uso de espazos públicos para a promoción das touradas.
6) Reconversión da Praza de Touros nun Coliseu para espectáculos culturais e concertos.
Preme en “ler máis” para acceder ás nosas razóns e á convocatoria en norma AGAL.
Algunhas das nosas razóns
A Coordenadora Antitouradas de Pontevedra é unha plataforma aberta que persegue a erradicación das touradas na nosa cidade
- Denunciamos o trato cruel e inhumano que os touros receben no transcurso desta mal chamada festa, na cal o touro é desgarrado, mutilado e torturado até morrer, así como o maltrato animal en xeral.
- Advertimos das touradas como coartada para a construción da identidade española na Galiza. Constitúe un ritual en torno ao cal conflúen os sectores mais reaccionarios da sociedade.
- Consideramos obscena a utilización de fondos públicos para a financiación das touradas (42 euros em impostos por habitante, segundo Libera) , a pesarde que as enquisas (Gallup 07) amosan que un 86% da poboación galega se declara indiferente perante este atavismo.
- Finalmente, as touradas teñen unha forte compoñente machista, ao exaltar a figura masculina nunha loita contra un animal “mitificado” da que sempre sae vitorioso.

EM NORMAL AGAL
A Coordenadora Antitouradas de Ponte Vedra convoca umha manifestaçom anti-touradas no Sábado 1 de Agosto às 19h na praça da Peregrina da cidade.
6 pontos vindicativos básicos
1) Cese inmediato de ajudas encubertas às touradas por parte de todas as instituiçons, nomeadamente da Deputaçom de Ponte Vedra, principal financiador público.
2) Instar à Junta a aprobar unha Lei de Protecçom Animal que proíba as touradas e espectáculos onde se torture ou mate animais.
3) Declaraçom por parte do Concelho de Ponte Vedra como “Cidade Antitouradas” e amiga dos animais.
4) Supressom das touradas como reclamo turístico por parte das Instituiçons Públicas, assi como dos programas de festas.
5) Erradicaçom do uso de espaços públicos para a promoçom das touradas.
6) Reconversom da Praça de Touros num Coliseu para espectáculos culturais e concertos.
Algumhas das nossas raçons
- Denunciamos o trato cruel e inhumano que os touros recebem no transcurso de esta mal chamada festa, na qual o touro é desgarrado, mutilado e torturado até morrer, assi como o maltrato animal em geral.
- Advertimos das touradas como coartada para a construçom da identidade espanhola na Galiza. Constitui um ritual em torno do qual confluem os sectores mas reaccionários da sociedade.
- Consideramos obscena a utilizaçom de fundos públicos para o financiamento das touradas (42 euros em impostos por habitante, segundo Libera) , a pesar de que os inquéritos (Gallup 07) mostram que um 86% da população galega se declara indiferente perante este atavismo.
- Finalmente, as touradas têm uma forte componente machista, ao exaltar a figura masculina numa luta contra um animal “mitificado” da que sempre sai vitorioso.













0 Respostas to “Manifesta-te contra as touradas en Ponte Vedra no 1 de Agosto”