Mais info em actividades.
Arquivo de Julho, 2008
I Jornadas Antitouradas Galegas

Unha vez mais, e tal e como aconteceu o ano pasado, a policía desprega os seus efectivos para facer valer os intereses empresariais dos donos do “recinto de tortura animal” de Pontevedra. Se hai un ano era a policía española a que retía e identificaba a plena luz do día a xóvenes antitaurinos que ían de colada, agora é a propria policía municipal a que actúa contra calquera oposición organizada contra as festas taurinas , exercendo, de facto, como axentes de seguridade privada ás ordes dos irmáns Lozano.
Non é a primeira vez que os cartaces das touradas son arrincados, tapados ou cubertos de pintura polos sectores sociais mais conscientes da nosa cidade. Do mesmo xeito, tampouco é a primeira vez que xóvenes antitaurin@s son vítimas de identificacións arbitrarias e asedio policial constante.
Ambos os dous feitos déronse na noite do venres para o sábado 19, cando unha vintena de paneis taurinos de toda a cidade foron boicotados con pintura preta, a maioria deles coa lenda “STOP touradas”. A mesma noite, un grupo de persoas, na sua maioria moz@s, foron retidos por meia hora, cacheados e identificad@s por un desproporcionado despregue da policía municipal, durante o cal o carro dun deles foi rexistrado e tod@s eles/as denunciad@s, acusad@s, supomos, de pintar de preto cartaces taurinos.
Non se entende tanta protección e cío para defender os panéis da empresa dos irmáns Lozano, que ocupan un espazo público que nos pertence a tod@s, e que publicitan unhas festas rexeitadas por amplos sectores sociais.
Como denunciamos con anterioridade, nestes días colocáranse masivamente cartaces taurinos de grandes dimensións, atados a mobiliario urbano, o que de facto supón unha invasión do espazo público , agravado na promoción dun atavismo execrábel. Por tanto, a plataforma Pontevedra Antitaurina vindica:
- A proibición de colocar propaganda que chame ao maltrato animal nas rúas da cidade, un incumprimento do Concelho da abondante lexislación nesta materia.
- A fin do asedio policial ao movimento antitaurino, con identificacións, retencións ilegais e boicotes continuados, exixindo a toma de medidas por parte das institucións públicas para evitar estes abusos.
De Pontevedra Antitaurina continuaremos a realizar actividades co obxectivo final da desaparición das touradas, e seguiremos a denunciar feitos como este. Para rematar, animamos aos sectores mais comprometidos coa erradicación da barbárie taurina a demostrar a súa oposición a esta cruel tradición do mesmo modo que @s xóvenes acosad@s pola policía.
Non deixes que a propaganda taurina invada a nosa cidade! STOP TOURADAS.
Pontevedra Antitaurina apresenta dous vídeos para acompanhar a nossa campanha antitaurina.
Copia e cola para incluír no teu blogue: wordpress outros blogues outra opçom
Youtube: http://br.youtube.com/watch?v=brXj7MfPmvY
Copia e cola para incluír no teu blogue: wordpress outros blogues outra opçom
Para maior qualidade, accedei a gzvideos.info
Como já adiantamos em notícias prévias, Ponte Vedra Antitaurina começa com força a nova actividade antitaurina ante a proximidade, por desgraça, da nova temporada de “corridas”, quer dizer, de assassinatos de touros à espanhola.
Visto que as instituiçons apoiam a celebraçom de tam instructivas “festas”, temos que ser os sectores sociais contrários às touradas @s que nos autoorganicemos e fagamos ver o que os inquéritos amosam teimudamente; na Galiza a grande maioria da populaçom está em contra desta atrocidade.
Por isso, e para ir quentando motores para a mobilizaçom que convocamos este ano, o Sábado passado levamos a cabo a primeira recolhida pública de assinaturas na Praça da Peregrina, em contra da celebraçom de touradas em Ponte Vedra, actividade que repetiremos nas vindouras semanas e que tivo umha mui boa aceitaçom nesta primeira ocasiom, atingindo em menos de duas horas mais dum cento de apoios. Convidamos-vos a tod@s a assinar em contra das touradas e a participar nas actividades da Plataforma. Porque organizando-nos, luitando e ajuntando a força que só os colectivos podem atingir, as touradas passarám a ser umha triste lembrança do passado da nossa cidade e em toda Galiza.
Desde a Plataforma Pontevedra Antitaurina queremos denunciar publicamente a promoción que a Cámara Municipal está a facer do masacre taurino cos cartos de todos os contribuíntes. Na apresentación das “Festas do Verán” que fixo o pasado 10 de Xullo apresentouse un programa de festas onde conviven campamentos xuvenís e concertos de Jazz coas touradas, o que nos leva a criticar a colaboración do concello coa empresa responsábel da celebración das touradas dando cobertura publicitaria.
A información da que dipoñíamos até o momento é a de que o Concello interrompera o financiamento e axudas públicas ás touradas respeito a executivos anteriores, que de facto mercaban grandes cantidades de entradas para repartir á cidadanía. O cese de axudas directas supuxera a mobilización de peñas taurinas, que acusaran ao goberno municipal de “boicote” e mesmo seguen a día de hoxe a cuestionar a imposibilidade de colocar barras nas rúas e outras limitacións de horario que non se dan durante a Feira Franca e sí durante “peñas”. Desde entón, é a Deputación Provincial quen dá cobertura institucional ás touradas, de forma directa ou indirecta, como as axudas á coordinadora de peñas taurinas, sufragamento de viaxes, financiamento de chiringuitos e bandas musicais e incluso os coxíns para os asistentes ao masacre taurino. Neste sentido, esiximos que nas próximas convocatorias de axudas da Deputación se inclúa un epígrafe específico para impedir a consecución destas por parte de colectivos que propugnen o maltrato animal. No entanto, o goberno municipal, que se limita a arrendar a praza varias veces por ano para concertos e actos culturais é necesário que tamén interrompa esta vía de colaboración, xa que temos suficientes espazos para a realizacion de concertos e actividades culturais na nosa cidade.
Dunha cámara municipal gobernada varias lexislaturas por unha organización política nacionalista, e incluso con maior presenza que na actual, Continue a ler ‘O concello de Pontevedra promociona as touradas para as festas locais’
A isto chámanlle “Cultura”
“La Guadaña entre las flores” é umha obra teatral que aborda o tema das touradas. Extraída e adaptada dum poemário de Ángel Padilla, a estreia desta obra em Galiza forma parte da campanha “Galiza, melhor sem touradas”. Teatro para toda a família, baixo a direcçom de David Fernández. O 12 de Julho na biblioteca de Marím às 20:00 horas.
A Câmara Municipal de Castrillón, em Astúrias votou a favor de declarar o município como anti-taurino e “amigo dos animais” logo de que a associaçom ANADEL lograsse levar a pleno a proposta. Do colectivo, asseguram que seguirám a luitar para que mais concelhos ratifiquem a iniciativa animalista, mentres preparam novas campanhas e acçons de sensibilizaçom. Do concelho de Castrillón asseguram que vam levar a proposta ao governo regional de Astúrias para banir as touradas em toda a província.
A moçom nom só rejeita as touradas e a súa publicidade em espaços públicos, se nom que também limita a utilizaçom de qualquer animal em espectáculos, exibiçons ou expossiçons, ficando desta forma também banidos os circos.
É um passo importante que deveram continuar muitos outras câmaras municipais, aprovando moçons para que finalmente esta sanguenta tradiçom nom volte ter lugar de jeito impune. De Pontevedra Antitaurina luitaremos por conseguir que o Concelho de Pontevedra leve a pleno umha moçom similar.
STOP TOURADAS. POLA ABOLIÇOM DO ANALFABETISMO CULTURAL.
Vía: LaTortura




















