Os integrantes de Na Deriva, subiron á rede un video no que quedan demostradas as ameazas dos cazadores que acudiron a pasada fin de semana á V Copa de Caza de Raposo en Portomarín. O boicot, causante dos feitos, foi organizado pola plataforma Matar por matar NON e consistía en acompañar aos cazadores ás zonas de caza para unha vez alí, con pitos, bociñas e megáfonos como únicas armas, espantar os animais para impedir que fosen tiroteados polos competidores da copa. O saldo final: un ecoloxista detido, outro agredido e 69 raposos mortos.
O integrante de Verdegaia e de Na Deriva, Roi Seoage, resultou agredido por gravar coa súa cámara as ameazas que proferían os cazadores ao serlles impedida a caza. Tralos feitos, Seoage interpuxo unha denuncia contra os cazadores, na que afirma que “tentaron bater en min coas súas escopetas coma se o fixesen cun bate de baseball, rabuñáronme o pescozo e retorcéronme un dedo”, aínda que tivo que desprazarse até Palas de Reis para poder facela efectiva.
Continue a ler ‘“Isto non o vaias publicar que vas levar nos fuciños”’
Desde primeiras horas da mañá ecoloxistas e cazadores botáronse ao monte, aínda que con motivacións completamente distintas. Nos enfrontamentos, resultou detido un dos membros da fundación “










