24
Ago
07

As touradas en decadencia: adeus á “semana cultural taurina” de Pontevedra e ás touradas en Noia

semana-taurina.jpg

Hoxe temos boas novas para as vindicacións anti-taurinas.

Segundo informa o Faro de Vigo na edición local de Pontevedra, este ano suspéndese a tamén “tradicional” Semana Cultural Taurina, que viña celebrando a Coordinadora de Peñas desde hai case 20 anos. Os motivos que alegan son a falta de fondos, escaso apoio institucional (pesia os xenerosos aportes da Deputación, que incluso permitiron unha viaxe á Finca-rancho dos donos da praza en Toledo) e mais a falta de coordinación entre “peñistas”. A suspensión xerou grande polémica e cruce de declaracións dentro da “afección” taurina de Pontevedra, un debate que alcanzou á páxina web da Coordinadora.

A semana, en opinión dos peñistas, suporía un “entretenimiento extra y orientaría a los más jóvenes a una diversión más sana y ofrecer alternativas al botellón. Esto a falta de otras iniciativas por parte del concello como sería un programa de actividades para peñas”.

Resulta paradoxal que unha semana adicada á reflexión e exaltación do maltrato animal tivese acollida na nosa cidade, e amosa de paso o concepto de cultura que manexan os amantes do martirio taurino. Mais, como eles propios confesan, “era como una xuntanza de antiguos alumnos de Los Escolapios. Los 20 ó 30 de siempre escuchando algunas conferencias interesantes (…) y tragándonos otros bodrios infumables“.

A segunda boa nova do día é a eliminación da “Feria Taurina de Noia”, logo de catro anos de sadismo cada verán, segundo informa vieiros.com.

Parabéns, por tanto á cidadanía de Noia por desterrar a exaltación da violencia e do maltrato animal do seu programa de festas. A continuación, reproducimos parte do comunicado da Plataforma Antitaurina de Noia:

“Os membros do colectivo Noia-antitaurina queremos agradecer á actual Corporación Municipal a valente decisión de non programar corridas de touros para estas festas, rachando así coa salvaxe tradición de maltrato animal que se viña desenvolvendo dúas veces por ano nesta vila. Temos a seguridade de que tal medida é amplamente apoiada por boa parte dos veciños e veciñas, que veñen amosando a súa boa acollida ás nosas anteriores campañas e ás levadas a cabo por outros colectivos locais. Desexamos que non sexa esta unha decisión temporal senón definitiva e animamos aos membros do Goberno a que continúen nesta liña que marca, sen dúbida, o progreso da nosa vila.

No tocante á nosa cidade, seguiremos loitando polo cese completo de axudas institucionais a este vergoñento show, tal e como xa sinalamos no manifesto antitaurino; sinaladamente contra a Deputación de Pontevedra, principal benefactora das touradas. Tamén seguiremos vindicando que o Concello deixe de publicitalas ou de alugar a praza para outros espectáculos, demonstrando aos Lozano que Pontevedra non é lugar para experimentos sádicos.

Tan só a presión social e o firme propósito desde as institucións por erradicar esta lacra rematará coa victoria do senso común sobre os que, sorprendentemente, sosteñen que desangrar un touro forma parte da súa atávica cultura.


7 Respostas to “As touradas en decadencia: adeus á “semana cultural taurina” de Pontevedra e ás touradas en Noia”


  1. Agosto 24, 2007 ás 11:01 pm

    Me parece genial que hayan tomado esa iniciativa de de suspenderlo. Me parece increible que en pleno sigo XXI todavia se mantengan este tipo de fiestas salvajes…

  2. 2 Luis
    Agosto 25, 2007 ás 4:27 pm

    Basta ya de derramar sangre inocente y torturar, POR FAVOR!!!

    Enhorabuena a Galicia e infinitas gracias!!

  3. 3 mandanga
    Setembro 2, 2007 ás 6:45 pm

    Un saúdo antitaurino. Seguide así.

  4. Setembro 18, 2007 ás 11:46 am

    poderíamos facer unha asociación a nivel de galiza para botar daquí a todolos toureiros, na coruña síguese a torturar touros, e estaría ben planear unha manifestación.

  5. Novembro 6, 2007 ás 8:43 pm

    CONCORDO COM O AMIGO…EM PLENO SÉCULO XXI, É INACEITÁVEL TAL IGNORÂNCIA EM TORTURAR ANIMAIS.
    .
    O TOUREIRO QUER PROVAR O QUE? QUE É MAIS “INTELIGENTE” QUE O ANIMAL ?
    .
    QUEM APRECIA TOURADA É MAIS, MUITO MAIS IRRACIONAL QUE O PRÓPRIO TOURO.
    .
    DESCULPEM O DESABAFO.
    .
    DANILO


Deixar uma Resposta




Coordenadora Antitouradas de Ponte Vedra

A Coordenadora Antitouradas de Ponte Vedra é unha plataforma plural, diversa e integradora que ten como principal obxectivo a erradicación das touradas na cidade de Pontevedra, entendéndas como unha pseudo-tradición atávica e cruel que pretende o divertimento a partir do sufrimento, martírio e mutilación dun bóvido herbívoro como é o touro. ------------------------------------- ÚNETE A NÓS SE TAMÉN QUERES REMATAR CON ESTA VERGOÑA info@pontevedraantitouradas.org

Categorías

Fotos da barbárie

DSC00186

DSC00183

DSC00175

DSC00180

More Photos

Comparte e distribúe

Creative Commons License
Os contidos de "Pontevedra Antitaurina" están baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 de Creative Commons.

Estatística

  • 19,646 visitas